Produción / Emisión de vídeo
Programas, consellos e titoriais para producir vídeos para youtube ou emitir en Twitch
Neste apartado atoparedes titoriais, consellos e recursos para producir vídeos para youtube, twitch ou outras plataformas. Botas algunha cousa en falta? Pregunta na nosa comunidade de discord ou suxire que a engadamos!
Para emitir e gravar
Para emitir precisas de un programa onde xestionar as fontes e materiais multimedia que emites, as principais opcións son:
- OBS – Software libre a gratuíto dispoñible para Windows, Linux e Mac, con todas as opcións que poidas precisar.
- Streamlabs OBS – Baseado en OBS este programa permite facer todo o que o primeiro dunha forma máis sinxela pero tamén con menos opcións para quen xa sabe o que fai.
- Twitch Studio – É a opción máis sinxela para quen só quere empezar a emitir sen complicacións.
Titoriais OBS Studio
Se é a túa primeira vez con OBS ou Streamlabs recomendámosche estos dous vídeos da canle Recuncho Gamer onde explica como configuralos e como preparar as escenas para facer o voso primeiro directo.
Introdución a OBS: Como configurar OBS para os teus streamings
Como preparar escenas e facer o teu primeiro streaming (con OBS ou Streamlabs)
Como xogar consolas antigas en teles modernas (e gravar e facer streaming con elas)
E se o que queres é facer algo en grupo sen complicacións a nosa opcións é Streamyard, podes velo funcionando nos nosos directos.
Aprende con Twitch en Galego
O son nas retransmisións
Unha colaboración co Local de Música de Pontevedra na que abordamos distintos aspectos a ter en conta a hora de transmitir: Clases de micrófonos, filtros, eliminación de ruído, porta anti-ruídos, compresor, ganancia...
Bots para o chat
Twitch permite integrar no chat bots que nos axuden durante os nosos directos, lembrando detalles, mostrando información, creando avisos cando alguén nos segue ou simplemente mantendo a conversa do chat limpa, estes son os máis coñecidos:
Outros recursos
- Kdenlive - Editor de vídeo de código aberto.
- VoiceMeter Banana - Este programa serve para facer tarxetas virtuais de audio, usao bastante xente que fai streams grupais para nivelar os volumes dos diferentes participantes a falta dunha opción co propio programa de emitir.
- Twitch Predictions Overlay - Permite poñer unha capa no directo na que ver a evolución en tempo real das prediccións
- Modelos de configuración básicos que recomenda twitch para emitir segundo a resolución e codec. Especialmente interesante se o teu PC ou a banda ancha non che permite emitir a 1080p, podes xogar con 720p ou 900p.
- Para ver o rendemento dun xogo no voso PC podedes utilizar MSI Afterburner ou RivaTuner. E se utilizades linux tendes GOverlay.
- Cuñas de suscrición Prime feitas e cedidas por MoisesPombo
- Engadir subtítulos automáticos para integrar no OBS ou en Streamlabs
- Aplicación para transformar os clips de twitch en historias de Tik-Tok.